Home Bandas de Música Galicia Sons de Gallaecia é o título da Xira 2017  das Bandas Sinfónicas...

Homenaxe musical a Pascual Veiga

Sons de Gallaecia é o título da Xira 2017  das Bandas Sinfónicas Xuvenil e Infantil de Galicia.

Pascual_Veiga

Tal día como hoxe, 12 de xullo de 1906, falecía en Madrid Pascual Veiga.

111 anos despois a súa música segue moi viva. Dende as BSIG e BSXG rendirémoslle unha especial homenaxe, a cal iremos facendo pública nas vindeiras datas.

Pascual Veiga como leitmotiv da xira 2017

A sua derradeira viaxe a súa terra natal fixoa seis anos despois de morto, cando e gracias os cartos reunidos dende a emigración en América conseguen repatriar os seus restos dende Madrid para ser enterrados en Mondoñedo.

A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia fará unha viaxe musical: a mesma  que fixo Pascual Veiga o 17 e 18 de setembro de 1912: en Lugo (onde o recibiu a Banda Municipal interpretando unha marcha fúnebre na estación de ferrocarril) en Vilalba (onde o pobo saiu a recibilo e a cantarlle) e  Mondoñedo (onde os seus veciños, orfeón e banda lle deron unha emotiva homenaxe).

Restos-mortais-Veiga. decubremento da placa en mondoñedo

Sería o 18 de setembro de 1912, cando no descubremento da Placa conmemorativa na súa casa natal en Mondoñedo soaría por vez primeira o Himno Galego (en Galicia) coa Banda de Isabel la Católica (director: Ricardo Quiroga Marcos) e o Orfeón Pacheco (director: José Castañeda Jurado).

Deja un comentario