XVII Concurso composición Galego (2024)

0
308

A presente convocatoria ten como obxectivo primordial fomentar e estimular a actividade musical como parte esencial do patrimonio cultural galego, mediante a creación de obras inspiradas na nosa cultura e tradición e coa finalidade de ser interpretadas especificamente por bandas de música.

Os compositores poderán participar en diferentes categorías, en función da dificultade das mesmas e do cadro instrumental que se detalla nas bases.

– Poderán concorrer persoas compositoras sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
– As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética.
– Valorarase especialmente que a obra promova a cultura galega. Para isto, o xurado avaliará as alusión a expresións artísticas, culturais ou tradicionais galegas sempre que estean ben xustificadas. Deberase achegar documento explicativo para a acreditación deste aspecto.

Nesta edición continúan en vigor os cambios do ano 2023:
– Categoría de Música Popular Galega, na procura de novas creacións de calquera formato (obras, pasodobres, muiñeiras, xotas, etc) que beban da tradición galega e transformen para as novas xeracións.
– Categoría de iniciación, onde se fomenta unha intrumentación flexible que permita que calquera tipoloxía de banda as poida interpretar.

Como novidade nesta XVII edición, revisáronse os cadros de instrumentación e dificultade das categorías, para adaptar as bases á realidade actual das bandas de música.

A inscrición comezará o día 1 de maio e rematará o día 15 de outubro de 2024.

Bases

Inscrición

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí