A Banda Municipal de Música A Coruña arranca temporada 2023/2024

0
503

A cantante e compositora Sandra Calderón e o clarinete solista Xocas Meijide protagonizarán o concerto inaugural, este domingo no Teatro Colón

A Banda Municipal de Música arranca esta semana a temporada, que contará con numerosas figuras solistas galegas, nacionais e internacionais

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, destacou que “non se pode entender a cultura na cidade sen o papel que xoga a Banda”

A Banda Municipal de Música comeza esta semana a súa temporada 2023/2024, na que contará con numerosas figuras solistas, directores e compositores do ámbito local, nacional e internacionais. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou a programación xunto co director titular da BMMC, Juan Miguel Romero Llopis, e a cantante e compositora coruñesa Sandra Calderón, que será unha das protagonistas do primeiro concerto do ciclo de outono, este domingo, no Teatro Colón, ás 12.15 horas. Todas as actuacións da BMMC serán de balde ata completar capacidade.

«Non se pode entender a cultura na cidade sen o papel que xoga a Banda Municipal, que participa tanto na programación impulsada desde o Concello como na súa programación propia e o seu repertorio didáctico para a mocidade coruñesa», sinalou Gonzalo Castro. A programación da nova temporada conta con diferentes invitados que aportarán estilos moi variados nas actuacións. O concelleiro destacou a gran contribución da Banda nos distintos ámbitos e celebracións ao longo do ano. «Non hai unha banda municipal do nivel artístico e da contribución da coruñesa», apuntou Castro.

Este domingo, 5 de novembro, Sandra Calderón protagonizará a actuación da BMMC xunto co clarinete solista Xocas Meijide. A obra máis importante do programa será ‘El amor brujo’, unha obra fundamental do século XX que será interpretada por Calderón. Ademais, a BMMC estreará unha obra composta polo vigués David Cuevas que contará coa actuación solista do clarinetista baixo da Banda, Xocas Meijide. O programa completarase con dúas onbras máis: ‘Obertura para una gran ciudad’ e ‘Cantares de Galicia’.

Ao longo do ano participarán distintos artistas de renome, apostando por talentos coruñeses e tamén do panorama musical nacional e internacional, tanto do ámbito da música clásica como doutros estilos. Un dos obxectivos do Goberno de Inés Rey coa confección desta programación será a captación de novos públicos ao tempo que afianza a calidade artística da Banda Municipal.

Actividade social e educativa da BMMC

As persoas presentes destacaron o carácter colaborativo da BMMC, que conta con convenios de colaboración con diferentes entidades musicais da cidade, como o Conservatorio Superior de Música, o Conservatorio Profesional de Música ou o Conservatorio de Danza, que participará por primeira vez nunha actuación da BMMC.

Por outra banda, baixo o título ‘Vai a Banda’, e coa colaboración da Concellaría de Educación, a BMMC levará a cabo no próximo mes de abril un ciclo de 16 concertos didácticos para escolares. Trátase dun proxecto no que todo o alumnado participará activamente na realización das actuacións.

A programación 2023/2024

Ciclo de Outono

  • Concerto temporada nº1. 5 de novembro

Clarinete solista: Xocas Meijide.

Cantaora: Sandra Calderón.

Dir: JM Romero

  • Concerto temporada nº2. 19 de novembro

Dir: F. Marinho

  • Concerto temporada nº3. 3 de decembro

Trombón solista: Ximo Vicedo

Dir: JM Romero

  • Concerto temporada nº4. 17 de decembro

«Concerto de Nadal»

Solista: Coral El Eco

Dir: JM Romero

  • Concerto temporada nº5. 21 de xaneiro

Dir: JM Rodilla

Ciclo de inverno

  • Concerto temporada nº6. 28 de xaneiro

Dir: JM Romero

  • Concerto temporada nº7. 11 de febreiro

Teatro Colón 12:15h

Dir: J. Viceiro

  • Concerto temporada nº8. 25 de febreiro

Trompeta solista: Manuel Fernández

Dir: JM Romero

  • Concerto temporada nº9. 10 de marzo

Solista: Helena García (Ganadora del Concurso de interpretación del CSMC)

Dir: JM Romero

  • Concerto de Semana Santa. 16-17 de marzo

Igrexa San Jorge

Dir: JM Romero

Ciclo de primavera

  • Concerto temporada nº10. 24 de marzo

«Concerto do Cinema Galego»

Dir: (a determinar)

  • Concerto temporada nº11. 7 de abril

BMMC e Banda CPMUS

Dir: M. Godoy

  • Concerto temporada nº12. 21 de abril

«Concerto de Clausura de temporada»

Trompa solista: Juan Manuel Gómez

Coro: Coro Cantabile

Dir: JM Romero

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí