XVII Certame Galego (2024)

0
341

A décimo séptima edición do Certame Galego de bandas de música, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, terá lugar durante os días 19 e 20 de outubro de 2024 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

As bandas interpretarán un pasodobre de presentación e, xa en concurso, unha obra de libre de elección e outra de autoría galega proposta pola organización. As obras obrigadas desta edición son as seguintes:

-Sección primeira: Imaxes Olívicas, de Santiago Barreira Davila.

-Sección segunda: Unha rapsodia galega, de Sergio Rodríguez Pena.

-Sección terceira: Lembranzas, de Francisco Pere Sanz Alcover.

-Sección xuvenil: Jakobsland, a terra de Santiago, de Álvaro Cámara López.

-Sección infantil: A moura galega, de Frank J. Cogollos Martínez.

prazo de inscrición estenderase entre o 3 e 19 de maio de 2024.

Bases

Inscrición

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí