A décimo sexta edición do Certame Galego de bandas de música, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, terá lugar durante os días 28 e 29 de outubro de 2023 no Pazo da Cultura de Narón, na provincia da Coruña.
https://www.youtube.com/@bandas
As bandas interpretarán un pasodobre de presentación e, xa en concurso, unha obra de libre de elección e outra de autoría galega proposta pola organización. As obras obrigadas desta edición son as seguintes:
-Sección primeira: Raiolas, de Artur Silveiro García.
-Sección segunda: Metamorfose sobre o Himno Galego, de León Durán
-Sección terceira: Sentimentos, de Francisco José Villaescusa López.
-Sección xuvenil: Xoaniña, de Gerardo Israel Quintas Alonso.
-Sección infantil: Mitos galegos, de Frank J. Cogollos Martínez.