La Federación Gallega de Bandas de Música Populares ha convocado el XI Certamen Galego de Bandas de Música

0
2020

La Federación Gallega de Bandas de Música Populares ha convocado el XI Certamen Galego de Bandas de Música que se celebrará los días 25 y 26 de noviembre.
A continuación podrán encontrar las bases en gallego para este concurso; la fecha límite de inscripción es el 18 de agosto.
Bases que rexerán o XI Certame Galego de Bandas de Música y
A convocatoria deste certame ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical, como parte fundamental do noso patrimonio cultural, así como de achegarlle á cidadanía unha rica programación de actividades musicais.
Neste marco, a Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) establece as bases polas que se rexerá o XI Certame Galego de Bandas de Música.
1. Lugar e datas
O XI Certame Galego de Bandas de Música terá lugar os días 25 e 26 de novembro de 2017 na Sala «Ánxel Brage» do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
Os días de actuación previstos para cada unha das diferentes seccións serán:
Sección terceira: sábado 25
Sección segunda: domingo 26 (mañá)
Sección terceira: domingo 26 (tarde)
2. Comité organizador
Formarase un Comité Organizador que será o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame e estará formado por membros da directiva da Federación Galega de Bandas de Música Populares de Galicia.
Poderá estar asistido por unha unidade de asesores técnicos coa finalidade de colaborar no bo funcionamento e organización do certame.
3. Participación xeral
Poderán participar todas as bandas de música federadas de Galicia.
Establécense tres seccións:
Sección primeira: o número de bandas participantes será de cinco.
Sección segunda: o número de bandas participantes será de cinco.
Sección terceira: o número de bandas participantes será dun mínimo de cinco e un máximo de oito.
Para que unha sección poida ser constituída será necesaria a concorrencia á mesma dun mínimo de dúas bandas. No caso de que só haxa unha banda inscrita nunha sección, dentro do prazo previsto nas bases, instarase a esta banda a participar na sección anterior ou posterior.
O número mínimo e máximo de músicos de cada banda participante será, para cada unha das seccións, o seguinte:
Sección primeira: bandas con máis de 70 músicos.
Sección segunda: bandas de entre 51 e 70 músicos.
Sección terceira: bandas de ata 50 músicos.
O número de músicos en cada sección fai referencia ao total de compoñentes de banda, incluídos posibles reforzos e sen contar ao director/a.
Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para cada sección.
Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma categoría nin en bandas dunha mesma agrupación con distintivo de infantil ou xuvenil.
Poderán participar as seccións infantís e xuvenís correctamente federadas.
4. Participación de seccións infantís e xuvenís
Establécense as seguintes idades máximas na data de actuación:
Banda infantil: 15 anos (non poderán ter cumpridos os 16)
Banda xuvenil: 20 anos (non poderán ter cumpridos os 21)
As participantes nesta modalidade terán un distintivo en todo o material publicitario do Certame. Ademais, contarán con diplomas acreditativos onde se indique a súa especial condición de sección infantil ou xuvenil.
A inscrición das agrupacións infantís ou xuvenís farase na sección de trámites da banda da web da Federación.
O censo será compartido entre todas as seccións dentro dunha mesma banda.
5. Inscricións
O prazo de inscrición estenderase dende o 24 de xullo ao 18 de agosto de 2017.
As solicitudes realizaranse no apartado Trámites da web da Federación.
O feito de participar neste certame leva consigo a cesión de todos os dereitos de reprodución, comunicación pública e distribución, así como o dereito de imaxe e utilización do nome. Acéptase tamén que as intervencións se graven en audio ou vídeo, se transmitan en directo ou diferido e se editen discográfica ou videograficamente.
6. Selección das participantes
Rematado o prazo de inscrición, realizarase un sorteo público para establecer as bandas seleccionadas, así como o orde da súa actuación. Será obrigatoria a asistencia dun representante de cada banda que participe no certame.
O sorteo realizarase o día 25 de agosto ás 12.00 horas na sede da federación, salvo que se notifique o contrario. En dito sorteo escolleranse dúas bandas que quedarán en reserva para cada sección, e que terán unha praza garantida na mesma sección na que se inscriben no Certame seguinte.
Tras o sorteo, facilitaráselle a cada unha das bandas seleccionadas a seguinte documentación:
Copia completa da obra obrigada en formato dixital.
Listado dos instrumentos que achega a Organización.
Normas de funcionamento.
As bandas seleccionadas comprométense a realizar un concerto previo ao certame. Este concerto deberá realizarse antes do 30 de setembro de 2017 e levará a publicidade das institucións e entidades colaboradoras segundo as indicacións facilitadas pola Federación.
Se algunha das bandas finalmente designadas para intervir no Certame non o fixera, quedará inhabilitada para intervir no Certame durante dous anos consecutivos, sen prexuízo da indemnización de danos e prexuízos, que se estiman na contía mínima de 3000 €, salvo concorrencia de forza maior.
7. Documentación a presentar
As bandas seleccionadas entregarán a seguinte documentación antes do 15 de setembro de 2017:
Arquivo en formato PDF da partitura xeral da obra de libre elección.
Arquivo en formato PDF da partitura xeral do pasodobre galego de presentación.
Fotografía dixital da banda
Fotografía dixital do director
Breve historia da banda (en galego e ata 1500 caracteres)
Currículo do director (en galego e ata 1500 caracteres)
Antes do día 10 de novembro, as bandas comunicarán por correo electrónico:
Listado de músicos de reforzo, indicando no mesmo nome completo, DNI e instrumento de cada un deles. Estes datos poderán ser modificados ata antes do inicio da actuación de cada formación sempre que se realice solicitude á Federación vía correo electrónico e se reciba resposta confirmando o cambio.
Movementos que realizarán no escenario e calquera outra indicación a ter en conta para a gravación das actuacións.
A non presentación da documentación no prazo sinalado poderá significar a renuncia da banda de música a participar no Certame, coa correspondente sanción establecida na base sétima.
8. Desenvolvemento do concurso
As bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme os horarios que fixe o Comité Organizador. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente.
Previo ao concurso, interpretarase un pasodobre galego de presentación, que non poderá exceder en ningún caso de 5 minutos.
Xa en concurso, as bandas participantes interpretarán unha obra obrigada, que será a indicada para a súa categoría:
Sección primeira: O nubeiro, de Esteban Zapata Blanco
Sección segunda: Areal da Alba, de Esteban Zapata Blanco
Sección terceira: Á maneira dos aires rapsódicos, de Xesús Xosé Iglesias González
A continuación, cada banda interpretará a obra de libre elección escollida. A duración destas pezas e os tempos totais de desviación permitidos serán:
Sección primeira: 20 ± 5 minutos
Sección segunda: 15 ± 5 minutos
Sección terceira: 10 ± 5 minutos
O xurado penalizará con 0,50 puntos por cada minuto que exceda o tempo límite establecido.
En caso de repetición dalgunha peza (pasodobre ou obra libre) nunha sección, terá preferencia a primeira banda inscrita, polo que as demais formacións deberán modificar a elección do seu programa.
O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. Dita instalación será competencia exclusiva do Comité Organizador e non se poderá introducir modificacións. Será obrigatorio o uso dos instrumentos de percusión que o Comité Organizador dispoña no escenario para a interpretación da obra obrigada.
A Organización non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección e pasodobre.
O Comité Organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace.
9. Xurado
As actuacións musicais serán valoradas por un xurado composto por tres personalidades de recoñecido prestixio no mundo da música e un secretario/a con voz pero sen voto.
Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos a cada banda participante en cada un dos seguintes aspectos:
Afinación
Planos sonoros
Ensamblaxe
Calidade sonora
Técnica
Dinámicas
Articulación
Musicalidade
Interpretación xeral da obra
A puntuación final virá dada pola suma dos puntos acadados na interpretación das dúas obras, restándolle os puntos das penalizacións establecidas nas presentes bases e nas normas anexas ás mesmas. Dita puntuación determinará os premios correspondentes.
A decisión do xurado darase a coñecer, unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección, mediante unha acta que, asinada polos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do Comité Organizador para a súa difusión pública.
10. Aportación ás bandas
As bandas de música terán dereito a percibir en concepto de participación, as seguintes cantidades:
Sección primeira:    2200 €
Sección segunda:    1600 €
Sección terceira:    1200 €
11. Premios
De acordo co criterio do xurado, concederanse os seguintes premios:
Primeiro premio    Segundo premio    Terceiro premio
Sección primeira        2300 €            1500 €            1000 €
Sección segunda        2100 €            1400 €            900 €
Sección terceira        1500 €            1100 €            800 €
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou AGADIC establece para cada sección un premio á interpretación dunha obra galega, que segundo o criterio do xurado mereza tal recoñecemento. Este premio estará dotado con:
Sección primeira:    1300 €
Sección segunda:    1100 €
Sección terceira:      900 €
12. Control do censo
Para o control dos membros das bandas de música establécense os seguintes puntos:
Constitúese unha Comisión de Control que estará formada por dous membros designados pola FGBMP e por un delegado observador, de cada unha das bandas participantes no Certame.
A Comisión de Control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición das agrupacións participantes.
Queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións que posúe a FGBMP.
Poderá formularlle ao Comité Organizador as propostas que considere convenientes nos supostos de infraccións, descualificacións, etc, aplicándolles a todas as agrupacións o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para os efectos de certames competitivos establecido pola FGBMP.
Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases.
O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo, deberá presentar o seu documento nacional de identidade (DNI) ou o documento acreditativo válido que lle fose requirido para ser federado (pasaporte, libro de familia, etc).
Todas as bandas terán de prazo ata 30 días naturais antes da súa participación para a tramitación de altas e baixas, así como de achegar a información requirida nos casos de cambio de banda.
13. Aceptación das bases
A inscrición no certame implica a completa aceptación das súas bases.
O Comité Organizador aprobará as normas de funcionamento que serán de obrigado cumprimento e que se incluirán como anexo a estas bases. O non cumprimento das mesmas, dará lugar ás penalizacións establecidas nelas.
A organización resérvase o dereito a modificar as bases ou adoptar as decisións sobre aspectos non regulamentados nas mesmas, por razóns de forza maior ou de interese público que impliquen un maior éxito do certame
As decisións tomadas polo Comité Organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveranse, en cada caso, de maneira irrevogable polo propio comité.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí