Ampliar o prazo de inscrición Certamen Bandas Galizia

0
637

Neste 2020 faremos unha edición máis reducida para poder manter todas as medidas hixiénico-sanitarias, polo que haberá un máximo de catro participantes en sección primeira e cinco nas seccións segunda e terceira.

O lugar escollido é Expourense, que conta co tamaño necesario para manter todas as distancias necesarias.Xa adiantamos que o máis seguro é que sexa un evento pechado, onde non haberá público, mais quedará aberta a posibilidade, se a situación o permite, de que un pequeno número de socios de cada agrupación teña a posibilidade de asistir de forma presencial.

Irémosvos contando as novidades e modificacións que vaian xurdindo segundo as indicacións que teñamos.

Despois dos comentarios que nos fixéstedes chegar, entendemos perfectamente que ningunha banda se atreva a participar na primeira sección polas dificultades para facer ensaios nas condicións óptimas para manter as distancias de seguridade.Por este motivo, dende o comité organizador acordouse:

1. Ampliar o prazo de inscrición por se algunha banda máis se quere anotar en sección segunda

2. Abrir a participación ás seccións infantil e xuvenil, coas seguintes obras obrigadas:–

Sección xuvenil: Os Fillos de Mil, de Andrés Rodríguez Rodríguez

Sección infantil: A cova do Rei Cintolo, de Frank J. Cogollos.

O prazo de inscrición permanece aberto do 25 de agosto ao 21 de setembro de 2020, mediante o formulario habilitado no apartado «Trámites» (https://bandas.gal/tramites).

Consulta aquí as bases.Podedes consultar aquí as bases (xa actualizadas): https://docs.google.com/document/d/1VPEEG6caATU07QqQtMPE8pnTYN_suzeU45wrVtkibac/edit

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí