Certame Galego de Bandas de Música
XVII Certame Galego (2024)
Compartir
A décimo séptima edición do Certame Galego de bandas de música, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, terá lugar durante entre os días 18 e 20 de outubro de 2024 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Cada unha das bandas participantes deberá interpretar unha peza de presentación, unha obra de libre elección e outra proposta pola organización, correspondente a obras premiadas en anteriores edicións do Concurso Galego de Composición. As obras seleccionadas nesta ocasión son:
-Sección primeira: Imaxes Olívicas, de Santiago Barreira Davila.
-Sección segunda: Unha rapsodia galega, de Sergio Rodríguez Pena.
-Sección terceira: Lembranzas, de Pere Sanz Alcover.
-Sección xuvenil: Jakobsland, a terra de Santiago, de Álvaro Cámara López.
-Sección infantil: A moura galega, de Frank J. Cogollos Martínez.
O prazo de inscrición estenderase entre o 3 e 19 de maio de 2024.
Participantes
Obra obrigada: Imaxes Olívicas, de Santiago Barreira Davila.
Agrupación Musical do Rosal
Presentación: Gallaecia, de José Bugallo Senra.
Obra libre: Wine-Dark Sea, de John Mackey.
Dirixe: Javier Alonso Pérez
Banda Escola de Música de Beade
Presentación: Sinfonía Romaría (mov. II), de David Fiuza Souto.
Obra libre: Marea Negra, de Antón Alcalde Rodríguez.
Dirixe: José Rodríguez Ramos
Banda Filarmónica de Amares
Presentación: Enrique López, de Antón Alcalde Rodríguez.
Obra libre: Atenea (Concert N. 5 for Symphonic Wind Orchestra), de Ferrer Ferran.
Dirixe: Tiago Moreira da Silva
Horarios
Sábado 19
Sección xuvenil
11:45 Banda xuvenil da Societat Artística Musical d’Alginet
12:30 Banda xuvenil da Unión Musical de Meaño
13:15 Banda-Escola da Banda Municipal da Estrada
Sección infantil
16:15 Banda Infantil de Lalín
16:45 Banda infantil Maestro Lupi de Benavente
Sección terceira
17:30 Banda de música popular de Moaña «Airiños do Morrazo»
18:30 Unión Musical de Coruxo
19:30 Banda de música Unión Musical de Tenorio
20:30 Banda de música Artística de Arcade
Domingo 20
Sección segunda
11:00 Banda de música xuvenil de Xinzo
12:10 Banda de música municipal de Caldas de Reis
13:20 Agrupación Músico Cultural de Ribadumia
Sección primeira
16:30 Agrupación Musical do Rosal
17:50 Banda Escola de Música de Beade
19:10 Banda Filarmónica de Amares