Suspendido o concerto da Banda Municipal de Música

0
1060


Concerto da Banda Municipal

07/04/2019 A Banda Municipal de Música non poderá ofrecer hoxe o seu habitual concerto dos domingos no Teatro Principal, por mor da baixa do único tuba da formación, comunicada nesta mesma mañá ao director da Banda.A Banda Municipal de Música de Santiago contaba no seu persoal cun único intérprete de tuba dispoñible, un instrumento imprescindible no repertorio da formación. O músico comunicou esta mañá a súa baixa, a escasas horas da actuación prevista, e sen tempo material para que se puidera cubrir o posto de cara ao concerto deste mediodía.

O Concello tratará de solventar a situación de cara aos próximos concertos previstos na axenda da Banda Municipal de Música e lamenta as molestias ocasionadas pola cancelación de hoxe. 

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí