Canuto Berea foi un Amancio Ortega do século XIX pero con tendas de música

0
892

Nilo Jesús García Armas (Maracaibo, 1981), vinculado a Agolada, presento na sala Manuel López da biblioteca da Deputación da Coruña o seu libro La saga Berea en la ciudad herculina. Un acto no que estará acompañado polo deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Como xurdiu o proxecto?

—Levo uns anos. Eu xa fixera un máster de investigación no 2017-2018. Fixen o doutorado despois de deixar a dirección da Banda de Agolada. Rematei a teses e a presentei no mes de xuño. O libro é unha pequena parte de esa teses, organizado e reestruturado doutra maneira. A tese son 1.400 páxinas e o libro unhas 260.

A familia tivo un papel importante durante moito tempo na música?

—Si. Canuto Berea foi un Amancio Ortega do século XIX pero con tendas de música e montou un imperio. Vendía todos os instrumentos e tiña sucursais en Santiago, en Vigo, en Ferrol. Cando se montaron as bandas el era o que vendía todos os instrumentos. Os Berea tiveron dous xemelgos: Manuel e Nicasio e o fillo derradeiro da saga: Canuto Berea Rodrigo foi concertista de piano.

Leer más…

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí