XXVIII Festival de Bandas de Música de Meaño 2019

0
2163

 

XXVIII Festival de Bandas de Música de Meaño 2019,  que se celebrará este   domingo 28  de  abril,  ás  17:00horas  na Praza do Concello en Meaño, onde este ano participan: 

  • Agrupación-Músico Cultural de Ribumia.
  • Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla
  • Banda Unión Musical de Meaño.            

            Nesta edición a a presentación do Festival estará a cargo de Rocio Rodríguez Padín.          Como non pode ser doutro xeito, a Banda Unión Musical de Meaño pechara  dito Festival, baixo a dirección do mestre Dº Diego Javier Lorente Lopez. 

          Dado que o pasado domingo 14 de abril participamos no Certame Flicorno D´Oro en Italia acadando o 1º PREMIO na categoría superior volverase a interpretar o mesmo repertorio para deleite de todolos os que queiran ver integro concerto. Ademais fomos de entre 35 bandas participantes a mais votada polo que tamén nos concederon O FLICORNO D´ORO. Pero os resultados nos acabarían aí, a nosa puntuación foi de 96.88 a máxima tamén das 21 edicións deste Certame.

HOXE  a partir das 21.30, na Praza do Concello teremos unha pequena festa para celebrar este premio, que consistirá nun agape para todolos músicos acompañados dun DJ

PEQUENO RESUMO DO ACONTECIDO NO CERTAME FLICORDO D´OROA Banda Unión Musical de Meaño participou este último fin de semana no Certame Internacional de Bandas Flicorno D´Oro en Riva da Garda, acadando o 1º Premio na categoría Especial. Somos a primeira banda galega en participar neste Certame.
O venres 12 de abril partíamos cara a Riva da Garda un total de 104 músicos e 4 directivos para participar no Certame Flicorno D´Oro  o mais importante de Italia e EuropaEstivemos aloxados na cidade Rovereto, alí o venres e o sábado fixemos de forma intensiva os últimos ensaios finais, e o domingo as 8 da máña partíamos a cidade Riva da Garda. As 11:15 horas era o  turno da Banda Unión Musical de Meaño para actuar en dito  Festival.
Había 5 categorías, e nos concursabamos na CATEGORÍA ESPECIAL,  a máxina a que nos podemos presentar xa que tamén existía categoría de Excelencia, pero estaba enfocada a bandas de  músicos profesionais. Na nosa categoría competíamos 10 bandas, de diversos países dos cales nos acadamos o 1º PREMIO.
Pero as alegrías non remataban ahí xa que tamen concedían premio a banda de máxima puntuación e a Unión Musical de Meaño acadou un 96.88, sobre 100, con cal tamén conseguimos o prezado  premio chamado FLISCORNO D´ORO. Nas 21 edicions que leva o festival, nunca unha banda chegara a esta puntuación, a día de hoxe somos a formación que alcanzou una puntuación tan alta.
Temos que decir que detrás de todo isto hai moitisias horas de traballo,  tanto pola parte musical como pola directiva para organizar esta expedición.
Debido a que en Meaño non temos un local de ensaio en condicións dignas,  xa que apenas collen todolos músicos,  nin coa acústica necesaria, levounos a ter que desprazarnos en varias ocasións a auditorios como o de Ribadumia, Rianxo, para conseguir a máxima perfección…  Aproveitamos que agora que hai eleccións para pedirlle os políticos que collan as rendas que por favor se acorden desta Asociación, a cal fai que este pequeno pobo sexa recoñecido no mapa, non so polo bó viño, senón tamén pola boa música, e nos faciliten un local de ensaio acorde as necesidades actuáis.
Fumos con toda humildade  para participar e facer a mellor música posible, e para nós esto e todo un gran resultado o cal non se conseguiría sin a constancia e bo facer de todo o colectivo.  No 2013 xa participaramos en Kerckade, na cal tamén conseguimos o 1º premio e a máxima puntuación de todalas bandas participantes.
Somos unha banda acostumada a cumplir grandes retos, sen ir mais lonxe no mes de novembro fixemos un concerto con Serafín Zubiri baixo o título «Recordando a Nino Bravo.
 Tamén poden entrar na paxina de Facebook da Banda Unión Musical de Meaño onde está colgado íntegramente o concerto e a entrega de pr

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí