Home EDICIONS NACIONALS GALICIA XXVI Asemblea Xeral da Federación Galega de Bandas

2013_03_16_GaliciaO sábado 16 de marzo terá lugar a XXVI Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Bandas de Música Populares no Centro Veciñal e Cultural de Valadares (Estrada Xeral de Valadares nº 261) en Vigo. A primeira convocatoria será ás 09.30 h e a segunda ás 10.00 h.

A esta Asemblea de Xeral de Socios están convocadas as 85 bandas que neste momento constitúen a Federación. Nela renderanse contas das actividades realizadas pola entidade en 2012 e abordaranse as previsións deste 2013.

Orde do día

10.00 h Apertura da Asemblea

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  • Memoria de Actividades 2012
  • Aprobación, se procede, do Balance de ingresos e gastos do exercicio 2012
  • Proxecto de actividades 2013
  • Orzamento para o exercicio 2013
  • Certame Galego de Bandas de Música
  • Concurso de Composición
  • Elección da sede da XXVII Asemblea Xeral (Ourense)
  • Asemblea extraordinaria (11.30 h. Primeira convocatoria, 12.00 h. Segunda convocatoria):

    • Proposta de modificación de Estatutos da Federación Galega de Bandas de Música Populares
    • Regulamento de cadro de persoal das bandas de música para os efectos dos certames competitivos
  • Ratificación da dimisión de presidente e elección de posto vacante por un ano
  • Varios

14.00-14.30 h Acto de clausura

14.45 Comida

Toda a documentación relativa á Asemblea está dispoñible no apartado Federación-Administración-Asemblea Xeral desta web accedendo co contrasinal da banda.

Fuente: FGBMP

[sam id=”25″ codes=”true”]

Deja un comentario