Home EDICIONS NACIONALS GALICIA XIII Certame Provincial de Bandas Deputación de Pontevedra

2014_06_11_PontevedraA Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música da súa provincia, convoca o Certame Provincial de Bandas de Música Deputación de Pontevedra, que este ano chega á súa XIII edición e que terá lugar nas seguintes datas:

  • 4 de outubro no Auditorio Área Panorámica de Tui (sección terceira)
  • 11 de outubro no Auditorio Municipal de Lalín (sección segunda)
  • 18 de outubro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (sección primeira).

Dado o carácter promocional deste certame, poderán participar todas as bandas de música da provincia inscritas na Federación Galega de Bandas de Música Populares.

As bandas interesadas participarán en diferentes seccións segundo o grao de dificultade da obra de libre elección.

  • Sección primeira: obras de nivel 5 ou superior
  • Sección segunda: obras de nivel 4
  • Sección terceira: obras de nivel 3

Cada agrupación interpretará, fóra de concurso, un pasodobre cunha duración máxima de cinco minutos. Dentro do concurso cada banda interpretará, en primeiro lugar, unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección.

prazo de solicitude permanece aberto ata o 27 de xuño de 2014. Podes consultar aquí:bases e formulario de participación.

Fuente: FGBMP

Deja un comentario