X Concurso Galego de Composición para Banda de Música

0
2547

A Federación Galega de Bandas de Música Populares e a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) convocan o
X Concurso Galego de Composición para Banda de Música
 
BASES
 
Primeira: O X Concurso Galego de Composición para Banda de Música  estará organizado pola Federación Galega de Bandas de Música e divídese en 3 categorías.
Segunda: Formarase un Comité Organizador que será o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do concurso e estará formado por membros da directiva da Federación Galega de Bandas de Música Populares.
Terceira: Poderán concorrer a el, todos os compositores/as sen limitación de idade ou procedencia,  con cantas composicións como desexen.
 
Cuarta: As composicións deberán ser orixinais e inéditas, entendéndose que, se a partitura dalgunha delas fose interpretada por unha banda ou premiada noutro concurso, a adxudicación do premio quedaría anulada e sen efecto.
 
Quinta: As composición versarán sobre temática galega ou farán  alusión no seu título a aspectos da cultura galega (historia, monumentos, xeografía, tradicións, etc.) libremente elixido polo autor.
 
Sexta: As composicións poderán presentarse ás 3 categorías. Os cadros de instrumentistas para cada categoría será o seguinte.
 
3ª categoría: até 50 músicos, de conformidade co seguinte cadro:
 

Vento – Madeira Vento – Metal Percusión
Frauta
Óboe 1
Fagot (opcional)
Requinto (opcional)
Clarinete 1, 2 e 3
Clarinete Baixo (opcional)
Saxofón Soprano (opcional)
Saxofón Alto 1 e 2
Saxofón Tenor 1
Saxofón Barítono (opcional)
Trompeta 1 e 2
Trompa 1 e 2
Trombón 1, 2 e 3
Bombardino 1
Tuba
Até 4 Percusionistas

 
2ª categoría: até 70, músicos de conformidade co seguinte cadro:
 

Vento – Madeira Vento – Metal Percusión
Frautín
Frauta 1 e 2
Óboe 1 e 2
Corno inglés (opcional)
Fagot (opcional)
Requinto
Clarinete 1, 2 e 3
Clarinete Baixo
Saxofón Soprano
Saxofón Alto 1 e 2
Saxofón Tenor 1 e 2
Saxofón Barítono
Trompeta 1, 2 e 3
Fliscorno
Trompa 1, 2 e 3
Trombón 1, 2 e 3
Bombardino 1, 2
Tuba
Até 5 Percusionistas
Corda
Violonchelo (opcional)
Piano (opcional)

 
1ª categoría: a partir de 71 músicos, de conformidade co seguinte cadro:
 

Vento – Madeira Vento – Metal Percusión
Frautín
Frauta 1 e 2
Óboe 1 e 2
Corno inglés
Fagot 1 e 2
Contrafagot (opcional)
Requinto
Clarinete 1, 2 e 3
Clarinete Baixo
Saxofón Soprano
Saxofón Alto 1 e 2
Saxofón Tenor 1 e 2
Saxofón Barítono
Trompeta 1, 2 e 3
Fliscorno 1 e 2
Trompa 1, 2, 3 e 4
Trombón 1, 2 e 3
Trombón baixo
Bombardino 1 e 2
Tuba
Até 7 Percusionistas
Cordas
Violonchelo(opcional)
Contrabaixo (opcional)
Piano (opcional)

 
Os instrumentos opcionais non son de uso obrigado, quedando á libre disposición do/a compositor/a. Non obstante, sempre que a partitura dalgún destes instrumentos opcionais inclúa un solo, este deberá figurar nalgún outro instrumento do cadro a modo de “defecto”. A percusión será de libre elección polo/a compositor/a,  pero deberá executarse cun máximo de catro  percusionistas na 3ª categoría, de cinco na 2º categoría e sete na 1ª categoría.
 
No caso de optar pola utilización de divisis, estes deberán  figurar nalgún outro instrumento do cadro.
 
Sétima: A duración da composición variará entre 8 e 10 minutos para a terceira e segunda categoría e entre 12 e 15 minutos para a primeira categoría. Non se admitirán obras para solistas.
 
Oitava: Os traballos presentaranse en papel (a tinta negra e grafismo claro, sen emendas nin rascaduras). Será tida en conta a presentación e acabado das partituras entregadas (encadernación, maquetación…) A fonte empregada deberá ser perfectamente lexible, e as indicacións de fraseo, dinámicas e articulación colocaranse de forma clara.
 
As partituras non deberán estar asinadas nin presentar inscrición ou signo ningún que poida suxerir o nome do seu autor.
 
Novena: Toda a redacción dos textos, currículo do autor, indicacións, notas sobre a obra, instrumentos da partitura e particellas, etc., deberá ser no programa Word, letra arial tamaño 12 e en galego. As obras presentaranse coa maquetación dos programas informáticos sibelius ou finale.
 
Décima: As obras presentaranse en papel: nun sobre pechado no que irá a seguinte documentación:
 

  • Tres copias encadernadas da partitura do director baixo o lema: “X Concurso de Composición para Banda de Música”, e unha copia en arquivo dixital (formato pdf). Todas deberán presentar título da obra e a categoría á que se presenta. A criterio do compositor, poderá acompañarse dunha lenda ou comentario relativo á obra.
  • Outro sobre pechado onde aparecerá só o lema do concurso. Conterá no seu interior os seguintes datos: nome e apelidos do autor, curriculum vitae, teléfono, enderezo postal, enderezo electrónico e unha declaración formal asinada que acredite que a obra presentada non foi premiada noutro concurso, editada nin estreada co título actual ou calquera outro, así como a aceptación das presentes bases de conformidade co Boletín de Inscrición, que figura como anexo ás presentes bases.

 
Décimo primeira: As composicións presentaranse ou enviaranse por correo certificado á sede da  Federación Galega de Bandas de Música, Rúa das Salvadas nº 2 A – Parque Vista Alegre; 15.705 – Santiago de Compostela; sen alusión do remitente.
 
Décimo segunda: O prazo de inscrición comezará o día 24 de xullo e rematará o día 24 de setembro de 2017.
 
Décimo terceira: No momento da entrega da obra poderá expedirse un recibo acreditativo da recepción que poderá ser solicitado para retirar as partituras non premiadas. Naquelas obras que se remitan por correo bastará co xustificante de recepción, sempre que faga constar: “X Concurso de Composición”.
 
Décimo cuarta: Unha vez rematado o prazo de inscrición, comprobarase que todas as obras verifiquen o efectivo cumprimento das presentes bases.
 
Décimo quinta: O xurado estará formado como máximo por tres personalidades do ámbito da música de recoñecido prestixio, e  un/unha  secretario/a, con voz e sen voto.
 
A lista das obras premiadas e finalistas farase pública na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares, e procederase á correspondente notificación aos autores das composicións seleccionadas.
 
Os/as compositores/as entregarán nun prazo de 20 días naturais, seguintes á comunicación da resolución, as partituras xerais e individuais en formato pdf, así como calquera outra documentación relativa á obra (notas, instrumentación, cv compositor) que se lles solicite.
 
As obras premiadas e finalistas terán a posibilidade de seren obras obrigadas no Certame Galego de Bandas e  poderán ser estreadas nun concerto a cargo da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música. Os/as compositores/as poderán asistir a un dos ensaios das súas obras para faceren as indicacións que consideren precisas á banda e ao seu director, dispoñendo dunha hora para tal fin.
 
Unha vez estreadas as obras, colgaranse os guións do director na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares.
 
Décimo sexta: Tanto a selección dos finalistas como o fallo do xurado serán definitivos e inapelables, podendo declararse deserto un ou máis premios facéndose constar na acta, se ao seu xuízo a calidade das obras non alcanza o nivel ou calidade musical suficientes para ser merecedora do premio.
 
Décimo sétima: Concederanse os seguintes premios:
 
Para a 3ª e 2ª categoría o premio estará dotado con 1.500 €, diploma acreditativo, edición da obra e designación como obra obrigada no Certame Galego de Bandas de Música. Poderán outorgarse en cada unha destas categorías un finalista que recibirá a cantidade de 500 € e diploma acreditativo.
Para a 1ª categoría o premio estará dotado de 2.000 €, diploma acreditativo, edición da obra e designación como obra obrigada no Certame Galego de Bandas de Música. Tamén poderá outorgarse un finalista que recibirá a cantidade de 800 € e diploma acreditativo.
Os premios estarán suxeitos ás retencións fiscais e disposicións legais que resulten aplicables.
 
As obras seleccionadas como premiadas ou finalistas deberán presentarse respectando os criterios destas bases para a súa edición, podendo o comité organizador decidir non editala, se a obra non reúne os requisitos da base oitava.
 
Décimo oitava: Os autores galardoados conservarán todos os dereitos que a Lei de propiedade intelectual concede aos seus autores. Será obrigatorio mencionar nos programas dos concertos nos que estas obras figuren, nas edicións impresas e nas de medios sonoros e individuais, o mesmo que nas emisión radiofónicas e televisivas das referidas obras, a seguinte inscrición: “Primeiro Premio (ou Finalista) do X Concurso Galego de Composición para Banda de Música”.
 
Décimo novena: Os autores das obras premiadas ceden o dereito de comunicación pública á Federación Galega de Bandas de Música Populares que poderá distribuíla entre os seus asociados.
Vixésima: A participación no concurso implica o coñecemento e aceptación  por parte de todos os concursantes das presentes bases, motivo polo cal non poderán impugnarse unha vez formalizada a presentación. O Comité Organizador, en cada caso, quedará facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos precisos para a boa orde do concurso en calquera cuestión que puidese xurdir.
 
Santiago, 2017

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí