Home EDICIONS NACIONALS GALICIA VIII CONCURSO GALEGO DE COMPOSICIÓN FINALIZA EL 26 DE SEPTIEMBRE

A piques de pechar o prazo no VIII Concurso Galego de Composición

O prazo de presentación de obras no VIII Concurso Galego de Composición para Banda de Músicaremata este sábado 26 de setembro.

Neste ano o concurso, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares en convenio con AGADlC,celebra a súa oitava edición buscando potenciar a creación de obras para bandas de música e fomentar e enriquecer o patrimonio cultural galego.

Este concurso divídese en tres categorías (primeira, segunda e terceira) en función do cadro de instrumentistas e a el pode presentarse calquera compositor/-a interesado sen límite de idade nin procedencia co número de composicións que desexe. É requisito que as obras sexan orixinais e inéditas e versen sobre temática galega ou fagan alusión a aspectos da cultura galega.

O fallo do xurado farase público durante o IX Certame Galego de Bandas de Música os días 21 e 22 de novembro no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

Preme aquí para obter as bases e folla de inscrición.

Deja un comentario