Santiago Mella, novo director da Banda Xuvenil de Barro

0
328
Fuente
 
A Banda Xuvenil de Barro cambiou ao seu director para esta nova tempada de 2018, e o escollido é o lalinense Santiago Mella. O mozo foi o vencedor nun proceso de selección que reuniu ata a 16 candidatos dun altísimo nivel, segundo informa a Asociación Cultura e Xuventude de Barro, e será o encargado de dirixir á agrupación en diante.
Mella foi director das Bandas Infantil e Xuvenil de Lalín e do ensemble VigBrass, ademais ser preparado por directores da talla de David Fiúza, Rafael Agulló, Marcel van Bree ou AndrésValero, polo que supón un sopro de aire fresco e nova enerxía para a banda.
Santiago Mella substitúe a Alberto Xesús Busto Castaño á fronte da agrupación, quen foi o seu director durante o últimos seis anos. Ao longo deste tempo a banda levou a cabo multitude de proxectos da man deste director, entre os que destacan os concertos de peche da festa do viño de Barro dos anos 2016 e 2017 xunto a Esteban Batallán e o grupo ‘A Roda’, a programación de concertos do 25 aniversario da Banda Xuvenil de Barro e numerosos certames e premios.
O antigo director deixa unha pegada profunda na historia do conxunto e deixa un alto listón que Mella cubrirá con aires novos, “moita enerxía e ilusión”, para dirixir á Banda Xuvenilde Barro nesta nova etapa.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here