Home Directores Praza de director da Banda Cultural de Salceda

2013_08_26_SalcedaA Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas ven de facer públicas as Bases para as probas oposición a director da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e da Escola de Música de Salceda.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 8 de setembro. Ofrécese un contrato laboral dun ano de duración prorrogable á fin do mesmo, cun período de proba de tres meses.

Crearase unha Comisión de Selección designada pola Xunta Directiva da asociación e formada tanto por membros da mesma como por músicos da banda. Será a encargada de seleccionar catro aspirantes finalistas entre os candidatos que envíen a súa solicitude.

A selección de director entre os finalistas farase valorando o curriculum, o proxecto para a banda e a escola, a votación dos compoñentes da banda na proba de dirección e unha entrevista persoal.

Podes consultar as bases premendo aquí ou na web www.bandaculturaldesalceda.es

Deja un comentario