Home Directores Oferta de emprego para Director da Banda de Música de Salcedo

logo-salcedoA Asociación Músico Cultural San Martiño de Salcedo oferta unha praza de Director para dirixir a Banda de Música de Salcedo, a Banda Xuvenil e a Banda Infantil de Salcedo, co obxecto de incorporación previsible para o 1 de Xaneiro de 2015. É requisito necesario a posesión de titulación superior de instrumento de plantilla orquestral ou bandística, ou de dirección/composición. Valoraranse coñecementos e experiencia na área de dirección de grupos instrumentais e vocais. O tipo de contratación será a xornada completa coas condicións que establece a lexislación vixente. Os interesados enviarán currículum vitae á conta de correo electrónico info(at)bandademusicadesalcedo.com ou por correo ordinario a “Asociación Músico Cultural San Martiño, Rúa do Cruceiro, núm. 6, CP 36143, Salcedo –Pontevedra”. Para máis información ou consultas no teléfono 678 23 28 79 e no correo info(at)bandademusicadesalcedo.com Recibiranse curriculms ata o día 12 de outubro.

Deja un comentario