O director da Banda de Sober chega á final para entrar na London Simphony

0
3173

Miguel Franqueiro postúlase para cubrir unha praza vancante na tuba da orquestra británica

Miguel Franqueiro. AEP

 

O director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro, chegou á final das probas convocadas pola London Symphony Orchestra para cubrir unha praza vacante de músico, concretamente de tuba, ás que se presentou máis dun centenar de músicos de todo o mundo.
Segundo informou o Concello de Sober, Miguel Franqueiro, natural de Boqueixón, conseguiu chegar nas probas de selección «ata a fase final», á que «só accedeu unha decena de persoas».
O goberno local de Sober felicitou publicamente a Franqueiro polos bos resultados cultivados nesta proba e expresou o seu desexo de que lle abra «importantes portas para o seu futuro no mundo da música».
Pola súa banda, o propio director da banda cualificou esta experiencia como «única» e, aínda que finalmente quedou fóra, recordou que lle serviu para promocionarse a nivel internacional e para coñecer en persoa ao director da orquestra, Simon Rattle.
A London Symphony Orchestra é unha das orquestras sinfónicas máis importantes do mundo, destaca o Concello de Sober, e da súa capacidade creativa «saíron importantes bandas sonoras, como a da afamada saga Star Wars».

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí