Home EDICIONS NACIONALS GALICIA IX Certame Galego de Bandas de Música

O evento organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares volve contar co apoio económico da Consellería de Cultura e Educación a través da Agadic.

O acto de clausura será o domingo a partires das 19.45 h e nel darase a coñecer tamén o veredicto do xurado do VIII
Concurso Galego de Composición de Bandas de Música
, ao que participan 21 obras inéditas.

IX Certame Galego de Bandas de Música terá lugar os días 21 e 22 de novembro de 2015 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Actúan 12 agrupacións distribuídas en tres seccións segundo o número de músicos participantes con cada banda:

  • Sección terceira, ata 50 músicos
  • Sección segunda, de 51 a 70 músicos
  • Sección primeira, para bandas que participen con máis máis de 71 músicos

As bandas nesta edición segundo a orde de actuación son:

SECCIÓN TERCEIRA

  • Banda de Música Xuvenil de Torroso
  • Banda de Música Municipal de Padrón
  • Banda de Música del Municipio de Arbo
  • Banda de Música “Lira” de San Miguel de Oia
  • Banda de Música Popular de Moaña “Airiños do Morrazo”

SECCIÓN SEGUNDA

  • Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia
  • Banda de Música de Vilatuxe
  • Banda de Música Xuvenil de Barro
  • Banda Municipal de Música de Outeiro-Rábade-Begonte

SECCIÓN PRIMEIRA

  • Banda de Música Municipal de Valga
  • Banda de Música Municipal de Silleda
  • Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros

Máis información sobre:

Bandas participantes

Xurado

Horario

Deja un comentario