Home CERTAMENES II Festival Zonal de Bandas Deputación de Pontevedra

2013_10_19_Dipu_PontevedraA Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música da provincia, convoca o II Festival Zonal de Bandas de Música Deputación de Pontevedra, que terá lugar os días 19, 26 e 27 de outubro, 9 e 10 de novembro, nas seguintes zonas:

  • Zona 1. Bandas de música pertencentes ós concellos de: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Catoira, Pontecesures, Valga, Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Barro, Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Pontevedra, Vilaboa, Marín, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. Lugar: Auditorio Municipal de Valga. Data:19 de outubro.
  • Zona 2: Bandas de música pertencentes ós concellos de A Guarda, Oia,O Rosal Tomiño, Tui, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Salceda de Caselas, Redondela, Soutomaior, Bueu, Cangas e Moaña. Lugar: Teatro Municipal de Tui. Data: 26 de outubro.
  • Zona 3: Bandas de música pertencentes ós concellos de: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces, Cerdedo, A Estrada, Forcarei e Campo Lameiro. Lugar: Auditorio Municipal de Lalín. Data: 27 de outubro.
  • Zona 4: Bandas de música pertencentes ó concello de Vigo. Lugar: CSCR de Beade. Data: 9 e 10 de novembro.

Poden optar a participar todas as bandas de música da provincia de Pontevedra. A inscrición está aberta ata o 25/09/2013.

Fuente: FGBMP

Deja un comentario