Home EDICIONS NACIONALS GALICIA I Festival Hércules Brass en Celanova

2014_08_28_Celanova“I Festival Hércules Brass Celanova” celebrarase dende o 27 ao 30 de agosto en Celanova (Ourense). Ademais de ofertar concertos de música de cámara de grupos galegos,conferencias, clases maxistrais e actividades de ocio, para a ocasión contaremos cunha nova formación musical “Hércules Brass Ensemble”, grupo de metais que fará de punto de encontro de algúns dos mellores profesionais galegos dos instrumentos de vento metal e percusión, formación que estará dirixida por un dos máis influentes trombonistas de tódolos tempos como é Enrique Crespo.

As modalidades ofertadas son:

  • Alumno/a activo/a: poderán participar nas sesións de técnica con todo o grupo e nas clases individuais cos profesores.
  • Alumno/a oínte: poderán participar nas sesións de técnica con todo o grupo e asistir as clases individuais como oíntes.

As taxas son: 90 € alumno/a activo/a, 50 € alumno/a oínte, 220 € alumno/a activo/a+pensión completa, 180 € alumno/a oínte+pensión completa.

Os profesores por especialidades son:

  • Trompeta:Esteban Batallán. Solista Orquestra Ciudad de Granada, Rubén Simeó.Solista internacional, John Aigi Hurn. Solista Orquestra Sinfónica de Galicia, Alejandro Vázquez. Membro Hércules Brass, Víctor Vilariño. Membro Hércules Brass
  • Trompa: Alfredo Varela. Solista Real Filharmonía de Galicia, David Bushnell. Solista Orquestra Sinfónica de Galicia, Javier González. Membro Hércules Brass
  • Trombón: Tino Núñez. Trombón baixo freelance, Jon Etterbeek. Solista Orquestra Sinfónica de Galicia, Esteban Méndez. Membro Hércules Brass
  • Tuba: Guillermo Collazo. Colaborador Royal Concertgebouw Orchestra, Jesper Nielsen. Solista Orquestra Sinfónica de Galicia, Rodrigo Rodríguez. Membro Hércules Brass.
  • Percusión: Juan Collazo. Odaiko Percussion Group, Jesús Porta. Solista NDR Sinfonieorchester, Alejandro Sanz. Orquestra Sinfónica de Galicia

Obtén toda a información para a inscrición, clases e concertos premendo aquí

Descarga o folleto do festival.

Fuente: FGBMP

Deja un comentario