Home EDICIONS NACIONALS GALICIA I Campus de Banda Sinfónica, Lugo 2015

I Campus de Banda Sinfónica, Lugo 2015

A Federación Galega de Bandas de Música Populares organiza o I Campus de Banda Sinfónica que terá lugar os días 4, 5, 6, 11 e 12 de abril no CMUS Xoán Montes de Lugo.

Este Campus, patrocinado pola Vicepresidencia Primeira (Área de Cultura) da Deputación Provincial de Lugo, contará con:

  • Directores: Xosé Carlos Seráns e David Fiúza
  • Profesores:  Olalla Pantín (frauta), Silvia Camino (óboe), J. Ramón Saborido e  Adrián Balboa (clarinete), Álex Valcárcel Moura (fagot), Marcos Mariño (saxofón),  Adrián Lage (trompeta), Benjamín Iglesias (trompa), Mateo Naval (trombón), Rodrigo Rodríguez (tuba-bombardino), Paula Rancaño  (violonchelo), Anxo Leitao (contrabaixo) e Javier A. Gómez (percusión)

Está dirixido a músicos cun nivel interpretativo mínimo equiparable aos primeiros cursos de grao medio. Os prezos son de 30 € para músicos federados e 60 € para músicos non federados.

prazo de matrícula está aberto dende o día 7 ata o 27 de marzo, sendo preciso para inscribirse enviar o este formulario de inscrición e copia do resgardo bancario de ter feito o pago, ao correo electrónico campusfgbmp@gmail.com Podes obter toda a información no apartado Formación desta web ou premendo aquí.

Deja un comentario