Home EDICIONS NACIONALS GALICIA «É un orgullo ser a primeira muller presidenta en 186 anos»

MerzaIrene Varela Pérez ten 24 anos, toca o clarinete na banda dende os trece e acaba de ser nomeada presidenta da agrupación socio cultural Banda Artística de Merza.

De familia de músicos, toca o clarinete na banda dende os trece anos

-¿Como se leva o de ser a primeira muller presidenta da historia da banda?

-A verdade é que é un gran orgullo ser a primeira muller presidenta, e tiveron que pasar 185 anos, bueno 186 porque xa estamos comezando ano novo. Pouco a pouco as mulleres vamos escalando postos na música, ata fai pouco non nos deixaban case que nin tocar como quen di. As mulleres temos que ir abrindo camiño.

-¿Dende cando está na banda?

-Toco o clarinete dende os trece anos, meu pai toca na banda, meu irmán, meu padriño… a banda é como a miña familia, é como estar na casa.

-Renovouse a directiva e hai moita xente nova.

-Está formada por algunhos membros da anterior directiva e outros novos, pero si somos xente bastante nova, de sempre unhos van dando paso os seguintes e nos faremos o mesmo. Eu, xa estiven na anterior como vocal. O vicepresidente é Brais Molina Varela, que ten 19 anos e é un músico experto, un gran músico. De sempre a directiva está formada por músicos. O secretario é Juan Fernández Guzmán, de 33 anos; o vicesecretario, Carlos Fontao Campos, de 38 anos, de Escuadro; a tesoreira, Lucía Otero Barcala, de 24 anos de Bascuas; e os vogais Jorge Fernández Guzmán, de 36 anos, que era o anterior presidente; Pablo Veiga González, de 30 anos, Marcos Fernández Guzmán, de 30 anos, Manuel Varela Pereira, de 28 e Pedro Pintos Rodríguez, de 29 anos e de Montouto. Quitando tres, o resto, todos somos de Merza.

-¿Que obxectivos se plantexa?

-Volveremos a celebrar o festival de Bandas Xuvenís, que tivo unha gran resposta e para a xente nova é importante porque os rapaces les gusta ver a otras bandas, coñecerse. En abril teremos como director convidado a Fernando Mariño que traballará con nos en Semana Santa e daremos o día 19 pola noite un concerto con él. Ademáis temos previsto grabar para final de ano un cedé con noso novo director e que se coñeza tamén o seu traballo.

-Saben xa que pezas tocarán?

-Serán pezas de música máis popular, más típicas de banda como pasodobres. Continuaremos co programa de traballo que xa había, faremos a festa do socio, e a ver si damos saído fora de Galicia a tocar e dar un concerto pero iso dependerá das axudas, dos contactos que podamos facer, a ver como sae a cousa.

-¿Que tal vai a canteira?

-Ben, é moi importante ter nenos cada ano e contar con relevo. Este ano comezaron cerca dunha decena de rapaces e para o verán a ver si os temos xa co traxe tocando coa banda nas festas.

Irene Varela Pérez presidenta da Banda Artística de Merza.

Fuente: La voz de Galicia

Deja un comentario