Home Directores Convocatoria de Director para a Banda Unión Musical de Meaño

Union-Musical-MeanoUnión Musical de Meaño fai públicas as bases que rexerán a selección de director/-apara a súa banda. O prazo para presentar solicitudes remata o 23 de agosto.

Ofrécese un contrato laboral a tempo parcial dun ano, con posibilidade de ampliación, con un período de proba de tres meses. A persoa contratada deberá realizar como mínimo dous ensaios semanais coa Banda Unión Musical de Meaño, cunha duración mínima de dúas horas. Levará a dirección da Banda e terá o cargo de vicepresidente segundo da Xunta Directiva.

Obtén aquí as bases da convocatoria coa información sobre a documentación a presentar e o proceso de selección.

Para calquera dúbida podes chamar aos teléfonos 677 24 74 26 / 675 58 09 47 ou no correounionmusicaldemeano(at)gmail.com

Fuente: FGBMP

Deja un comentario