Home EDICIONS NACIONALS GALICIA Concerto da Banda Sinfónica da FGBMP. Estrea das obras gañadoras do VI...

2013_12_29_FGBMPO vindeiro domingo 29 de decembro ás 21:00 no Auditorio de Galicia terá lugar a estrea das obras gañadoras do VI Concurso Galego de Composición para Banda de Música. O concerto será interpretado pola Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns Olveira. Ver programa completo do concerto.

Os músicos que forman esta agrupación, procedentes de bandas de toda Galicia, reuniranse durante 4 días no Auditorio de Valga para preparar este concerto facendo un ensaio aberto ao público o sábado 28 de decembro ás 21:00.

Nos proximos días iremos ofrecendo máis información sobre este evento e de momento podemos recordar o encontro do ano pasado nesta reportaxe emitida pola Televisión de Galicia, que se pode ver na nosa canle de youtube.

A Federación Galega de Bandas de Música invita a tódolos amigos da música e das bandas a acudir a este concerto. Ver invitación.

Deja un comentario