Home EDICIONS NACIONALS GALICIA Apertura de inscrición para o VIII Certame Galego de Bandas

2013__06_18_certamen GalegoOs días 15 e 16 de novembro de 2014 terá lugar o VIII Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Neste certame poderá participar calquera banda de música federada de Galicia que o solicite, existindo o seguinte límite de bandas según o número de músicos participantes:

  • Sección primeira: 5 bandas participantes de máis de 71 músicos
  • Sección segunda: 5 bandas participantes de 51 a 70 músicos
  • Sección terceira: 5 bandas participantes ata 50 músicos

prazo de inscrición será do 2 ao 30 de xuño de 2014, ambos incluídos.

As solicitudes realizaranse a través deste documento. Poden presentarse na sede da federación en horario de luns a venres de 10.00 a 13.00h. enviarse por correo certificado ou por correo electrónico, sempre que quede constancia da súa recepción e se confirme pola Federación a entrada da solicitude dentro do prazo establecido.

A relación das bandas preinscritas será publicada na páxina web da federación www.fgbmp.org antes do 3 de xullo de 2014.

Consulta as bases premendo aquí.

Deja un comentario