Home EDICIONS NACIONALS GALICIA A Unión Musical de Cabral gaña en seccción terceira no VIII Certame...

GALEGOSabado tarde tivo lugar a actuación das bandas participantes en 3ª sección no VIII Certame Galego de Bandas de Música. Despois dunha longa deliberación, o xurado formado por Indalecio Férnandez Groba, Francisco Ferreira, Sixto Herrero, Rafael Rosell e Xosé Carlos Seráns, emitiron o seguinte veredicto:

  • Con 243 puntos, Banda de Música de Solfa
  • Con 246 puntos, Banda de Música A Lira de Ribadavia
  • 3º premio, con 259 puntos, para a Banda da Escola de Música de Rianxo
  • 2º premio, con 271 puntos, para a Banda de Música Municipal de Silleda
  • 1º premio, con 275 puntos, para a Unión Musical de Cabral

Agárdamosvos mañán a partires das 16:30 h. para as actuacións das bandas que participan en segunda e primeira sección. A partires das 22.30. terá lugar o acto de clausura coa entrega de diplomas ás bandas participantes e os premios ás bandas respectivas.

Deja un comentario