Home EDICIONS NACIONALS GALICIA A Banda Sinfónica da Federación fai un concerto homenaxe aos peregrinos

Captura de pantalla 2015-08-27 a las 16.39.59Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares actúa o domingo día 30 de agosto ás 20.00 h. na praza da Quintana (Santiago de Compostela) para inaugurar o segundo ciclo de concertos de “Música no Camiño” nun concerto especial de homenaxe aos peregrinos.

Ciclo “Música no Camiño”

O ciclo de concertos “Música no Camiño” é posible grazas ao convenio da Federación Galega de Bandas de Música Populares coa Axencia de Turismo de Galicia para facer visible o traballo e calidade das bandas de música galegas entre os peregrinos que visitan a cidade de Compostela. Este ciclo está composto por 24 concertos de bandas de música populares galegas realizados os domingos dos meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro ás 13.00 na Praza da Inmaculada.

Para iniciar este segundo ciclo, programouse a actuación da Banda Sinfónica da Federación cun concerto este domingo día 30 de agosto ás 20.00 h. na Praza da Quintana

Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) creou no ano 2000 o proxecto dunha gran agrupación bandística que representase artisticamente á entidade, e pola que levan pasado centos de músicos ao longo destes anos. A Banda Sinfónica da Federación Galega está formada por músicos de diferentes bandas de música federadas cun vínculo común: o amor pola música, a ilusión e o altruísmo.

No concerto deste domingo actuará unha plantilla duns 70 compoñentes, cunha media de idade de 23 anos. Para preparar a actuación, a banda realizará un encontro nas intalacións do Auditorio de Galicia, con ensaios sábado e domingo.

O programa a interpretar está formado íntegramente por obras compostas por Xosé Carlos Seráns, director actual da Banda Sinfónica, e que nesta actuación pecha un ciclo de dez anos como director da banda. Neste concerto terá lugar tamén a estrea do pasodobre “Angrois”de Xosé Carlos Seráns. Ver programa

Xosé Carlos Seráns – Director da Banda Sinfónica da FGBMP

Tuba na Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela, foi director titular da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela de 2009 a 2013. É impulsor de numerosos proxectos: Escola de Música Municipal de Catoira, Cuarteto de Tubas Euphonium, Grupo de Metais de Galicia, Solfa, Asociación Cultural-Musical, Musigalizando, campamento musical.

É autor de numerosas obras e arranxos orquestrais para banda de música e diversos grupos instrumentais, entre os que cabe salientar as súas composicións para coro e banda de música sobre poemas de destacados poetas galegosasí como adaptacións para banda sinfónica e coro e realiza numerosas estreas de composicións propias e de compositores galegos.

Forma parte dos xurados de diferentes certames de bandas e consursos de composición. Está en posesión do título de Dirección de Orquestra polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Deja un comentario