Home CERTAMENES A Banda de Música de Salcedo gaña na sección primeira do VII...

2013_GALICIAEsta tarde a Banda de Música de Salcedo logrou o primeiro posto dentro da sección primeira, bandas con máis de 71 membros, do VII Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Popular no Auditorio de Galicia (FGBMP) ao longo desta fin de semana. A banda de Salcedo, baixo a dirección de José Alfredo Sánchez Murcia, acadou un total de 350 puntos. Completaron o podio a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, dirixida por Miguel Rodríguez Barrio, con 308 puntos, e a Banda de Música Municipal de Valga, baixo a batuta de Manuel Villar Touceda, con 244 puntos. Os centos de galegos que encheron ao logo da xornada o Auditorio de Galicia tamén poideron deleitarse coas interpretacións das bandas de Caldas de Reis e Vincios.

O xurado composto por José Iglesias, José Luis Represas, Marta Silva, Xosé Carlos Seráns e José Luis Quintáns, anunciou o seu veredicto en torno ás 9 da noite, tras valorar afinación, sonoridade, interpretación e técnica de cada unha das bandas participantes. As 5 bandas interpretaron durante 45 minutos cada unha un pasodobre, unha obra obrigatoria, Insomnio de Juan Manuel Eiras, e unha obre de elección libre. A primeira clasificada, a banda de Salcedo, decantouse polo pasodobre Bagaxes de Carlos Rodríguez e pola obra Belkis, Regina di Saba de Ottorino Respighi.

No día de onte celebráranse as seccións segunda (bandas con entre 51 e 70 membros) e terceira (menos de 50 músicos), resultando gañadoras as bandas de Santa Cruz de Ribadulla e Vilatuxe respectivamente. Na segunda sección, Ribadulla impúxose con 344 puntos, rematando en segunda posición a Sementeira de Cambre e en terceira a viguesa Atlántida de Matamá. Pola súa banda, na sección terceira a Banda de Música de Vilatuxe logrou o primeiro posto con 291 puntos, acadando a segunda praza a Agrupación Musical de Belesar e a terceira a Banda de Música de Solfa, que ademais foi recoñecida co premio á temática galega.

 

Entrega de premios

Ao rematar o Certame fíxose entrega dos premios ás bandas galardoadas, así como aos compositores recoñecidos no VI Concurso Galego de Composición. O gañador desta edición foi Jaime Ismael Enguídanos Royo, grazas a súa obra Aires do norte, quedando finalista Miguel Brotóns Pérez con Codex Calixtinus. Ambas as dúas obras serán estreadas pola Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música no concerto que se celebrará o domingo 29 de decembro. Durante este acto interviron o alcalde de Santiago de Compostela, Ánxel Currás, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o director de AGADIC, Jacobo Sutil.

Dende a FGBMP retransmitíronse as dúas xornadas de competición a través das redes sociais, nas que centos de cidadáns compartiron o seu amor pola música galega. Péchase así un Certame que por sétimo ano consecutivo achegou a música á cidadanía e renovou o seu compromiso coa cultura galega e coa formación de novos músicos. A FGBMP, en boca da súa presidenta, Lucía Carreira, demandou o apoio dos poderes públicos posto que a Federación non se poderá facer cargo o ano que ven do 50% do financiamento do Certame como fixo nesta edición. Ante esta petición, Valentín García garantiu o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de dar continuidade ao Certame Galego de Bandas de Música.

Fuente: FGBMP

Deja un comentario