Home Directores A ACADEMIA EUROPEIA DE DIREÇAO DE BANDA (AEDB) E JAN COBER, VISITAN...

CoberEste fin de semana o pobo do Rosal e a súa banda reciben a visita da Academia Europeia de Direçao de Banda. Neste penúltimo encontro do curso lectivo 2015/2016 a academia elixe a nosa agrupación para realizar as prácticas dos seus alumnos.

O encontro que se realizará os días 1, 2 e 3 de abril estará a cargo do recoñecido mestre holandés Jan Cober, un dos nomes máis importantes na actualidade na área da música para banda a nivel mundial, que impartirá clases de dirección de banda. Ademais contarase con Toni Cantal, que se encargará das clases de análise, orquestración, e educación auditiva.

Visitarán as nosas instalacións arredor de 25 directores da xeografía galega e portuguesaque abordarán durante o encontro música de compositores americanos contemporáneos, coas obras Angels in the Architecture de Frank Ticheli e A movement for Rosa de Mark Camphouse. Os ensaios de prácticas coa banda serán abertos ao público e realizaranse no Auditorio do Rosal, de 22:00 a 00:00 horas o venres día 1, e en horario de 16:00 a 19,00 horas, o sábado día 2.

Ademais todos os interesados en coñecer o funcionamento desta academia poden asistir ás clases deste encontro que serán gratuítas, póndose previamente en contacto coa organización no seguiente email: info.aedirband@gmail.com

Deja un comentario